20/4/10

A galería dos horrores





Aproveitando que a primavera quere chegar estiven facendo limpeza. Como sempre ando en andrómenas empezo as cousas con moito interese pero deseguido me canso. Hoxe vou mostrar a miña galería dos horrores, aqueles meus enxendros ós que lle falta algunha cousa para acadar seu ser. Son abruptos inacabados dinos da galería do doutor Frankenstein.
Como bó propósito primaveral (que raro eu facendo bós propósitos, será polo pracer de non cumprilos) vou tentar acabar estas cousiñas, ademais de un amigurumi de Trancas e Barrancas que non atopo, antes de poñerme con proxectos novos.

No hay comentarios:

Blogging tips