27/4/10

Ponto segredo, nó do rei Salomón


Hoxe non debería estar aquí, pero estou porque na lista de lectura dos blog que sigo achei unha rebequiña en ponto segredo, e enamoreime coma unha tola. Quero ese patrón!!! pedinllo a dona da creación. Estaba en: http://roxyaranita-crochetymas.blogspot.com/, un blog que recomendo porque da moitas ideas e ten deseños moi actuales.
Este ano fixen 3 bufandas en ponto segredo, é un ponto moi rápido e moi aparente, parece que leva moito traballo, pero unha vez aprendido é chegar e encher.
Eu aprendín a facelo neste enlace: http://www.youtube.com/watch?v=NjIBwhQgygo , son vídeos da profesora Elaine, están en portugués, pero non é necesario coñecer a língua porque visualmente xa queda moi claro.
Deica outra.

2 comentarios:

jacobo dijo...

Despois de ve-lo vídeo podo dicir que é complicado de carallo. Mira que tés paciencia. Sorte ca "rede de salomón",jajjaa. Seino, non ten gracia pero hoxe vou de simpático. bicos

Fios e lás dijo...

És o mellor!!! Gracias por comentar.

Blogging tips