1/5/10

Tartaleta amigurumi


Fixen 4 tartaletas coma esta (ou cupcake), e a verdade é que a foto non lle fai moita xustiza. O patrón saqueino dunha revista xaponesa, estaba tan encaprichada con facelo que inda non sei ben cómo logrei traducir eses símbolos raros que acompañan os gráficos, será intuición crocheteira... e no Flickr inspireime un pouco para ver como a decoraba.
O certo é que saiu, e déixovos o patrón por se alguén quere probar sorte. Se non o entendedes ou algo poñédeme un comentario có contacto que o traduzo ou ben o explico un pouco mais.

BASE (marrón)
v1: 12 cadenetas ou pb (pontos baixos) en anel.
v2: 1pb +1A (aumento) en toda a volta, 18pb
v3: 2pb + 1A, 24 pb
v4: 3pb + 1A, 30 pb
v5 a v 13: 30 pb en tódalas voltas
Pechar

CREMA (rosa ou o color que escollades)
v1: 6 cadenetas ou 6 pb en anel
v2: A en tódolos pontos, 12pb
v3: 1pb + 1A, 18pb
v4: 2pb + 1A, 24pb
v5: 24pb
v6: 3pb + 1A, 30pb
v7 a v10: 30pb en tódalas voltas
Chegados aquí hai que facer a puntilla cá rodea, polo tanto na volta 11 hai que facer 5 veces está secuencia: 1ponto raso, 1ponto baixo, 1 ponto alto, 3 pontos altos metidos polo mesmo buraco, 1 ponto alto e 1ponto baixo. Se votades contas tómanse 6 pontos de base inda que aumentamos 3 nun ponto. O gráfico cutre-salchichero sería:
bbb b bb
rbAAAAAb

b:os pontos baixos, os da volta 10 son os de enriba
r: ponto raso
A: pontos altos

GUINDA (fucsia ou vermello)
v1: 6 cadenetas ou 6 pb en anel
v2: A en tódolos pontos, 12pb
v3: D(disminución) en tódolos pontos, 6pb
Pechar deixando un cabo largo para cose-la gunda.

Se fago outra tartaleta prometo poñer o paso a paso fotografado, porque creo que entre as miñas explicaciones e a revista japo... non sei cal escollería.

Aparte das cousas puramente crocheteiras, lin no blogue da amiga Damaris un enlace para programar entradas no blogue, e teño pensado facelo con esta entrada, a ver se funciona. E se alguén me explicase ou me dixese onde debería ir para dar formato as entradas estaría eternamente agradecida, porque vou facendo as cosas a ollo e logo pasa que teño que andar as voltas para que as imaxes e o texto non anden a bailar a conga.

Cambiando de tema drásticamente, prometo unha entrada espectacular para a semana que ven porque descubrín unha cousa que vai cambiar a miña vida ganchilleril drásticamente (vai cambiar para ben, que non quero crear inquedanzas)... tachán tachán... Que será...Non deixedes de lerme.
Bicos e apertas.

No hay comentarios:

Blogging tips