27/7/10

Patrón tartaleta amigurumi, pero mellorada

Xa van 5 tartaletas (ou cupcake) con alfineteiro, a última foi para Patricia de Las Joyitas de Paspas
E como xa subira o patrón hai tempo decidín retomalo (vaia, que o copiei, o que non é tradición é plaxio), engadir os novos arranxos, por exemplo, agora é un pouquiño mais grande, e unha breve explicación para endurecer o ganchillo da base.
O patrón saqueino dunha revista xaponesa, por suposto descargada de aquí (que non sei nin pronuncialo) saqueino (coma non, outro plaxio) de El Duende de los Hilos, esta moza é unha eminencia en todo o kawaii e o crafter. Estaba tan encaprichada con facelo que inda non sei ben cómo logrei traducir eses símbolos raros que acompañan os gráficos, será intuición crocheteira... e no Flickr inspireime un pouco para ver como a decoraba, inda que agora xa teño estilo propio na decoración das miñas tartaletas.
O certo é que saiu, e déixovos o patrón por se alguén quere probar sorte. Se non o entendedes ou algo poñédeme un comentario có contacto que o traduzo ou ben o explico un pouco mais.

BASE (marrón)
v1: 12 cadenetas ou pb (pontos baixos) en anel.
v2: 1pb +1A (aumento) en toda a volta, 18pb
v3: 2pb + 1A, 24 pb
v4: 3pb + 1A, 30 pb
v5: 4pb+1A, 36 pb
v6 a v 14: 36 pb en tódalas voltas
Pechar

CREMA (rosa, azul ou o color que escollades)
v1: 6 cadenetas ou 6 pb en anel
v2: A en tódolos pontos, 12pb
v3: 1pb + 1A, 18pb
v4: 2pb + 1A, 24pb
v5: 24pb
v6: 3pb + 1A, 30pb
v7: 4pb+ 1A, 36pb
v8 a v11: 36pb en tódalas voltas
Chegados aquí hai que facer a puntilla cá rodea, polo tanto na volta 12 hai que facer 6 veces está secuencia: 1ponto raso, 1ponto baixo, 1 ponto alto, 3 pontos altos metidos polo mesmo buraco, 1 ponto alto e 1ponto baixo. Se votades contas tómanse 6 pontos de base inda que aumentamos 3 nun ponto. O gráfico cutre-salchichero sería:
bbb b bb
rbAAAAAb

b:os pontos baixos, os da volta 11 son os de enriba
r: ponto raso
A: pontos altos

GUINDA (fucsia ou vermello)
v1: 6 cadenetas ou 6 pb en anel
v2: A en tódolos pontos, 12pb
v3: D(disminución) en tódolos pontos, 6pb
Pechar deixando un cabo largo para cose-la gunda.

Para decoralo, collín uns fios e cosinos o redor facendo unha espiral. Tamén lle engadín uns alfinetes, as veces cósolle tamén boliñas de madeira ou cerámica.
Enchino con guatamurano (cómo é que se di guatamurano en galego??) e para cerralo repetín os pasos da base ata a volta 5, para obter un redondel da mesma medida cá base (36 pontos baixos), cambiei de cor na volta 6 e seguín aumentando 6 pontos baixos por volta nas duas seguintes voltas. Logo cosino cun cabo que deixei longo o rematar procurando que non sobresaise pola zona azul.

Para endurecer a base, boteime a aventura, primeiro probei cunha mostra que tiña có mesmo fío e logo xa pasei a base, con todo eso cheguei a estas conclusións:
Hai que usar cola branca e unha brocha plana bastante grande.
Primeiro hai que humedecer o ganchillo cá brocha mollada en auga, sábese que está ben mollada porque o fio vese mais oscuro, pero non gotea.
Logo misturase (a ollo) una parte de auga e outra de cola branca.
No ganchillo (humido) esténdese unha capa xenerosa, tanto por fora coma por dentro. Verase que o tecido pónse branco, pero isto é un efecto momentáneo.
Deixase secar. O que fixen eu foi poñelo enriba dun prato, para que non perdera a forma de abaixo. O de enriba xa ficou teso porque o ponto era moi preto, xa tiña forma.
A mañá seguinte xa estaba seco, pero me parecía un pouco brando, así que boteille por dentro outra man de cola branca, esta vez sen misturar con auga. Non lle botei por fora porque quería que tivese o aspecto mate do fio.
Agardei outro día, e xa estaba a base do alfineteiro.

Coma sempre vos digo, o que precise dalgunha explicación a maiores, que mo faga saber nun comentario, e que non se corte, que eu estou encantada de compartir todo canto fago.

1 comentario:

Merchy dijo...

Quedou chulísimo, noraboa!!

Blogging tips