14/12/10

I+D+i Fíos

Tutorial: Cómo endurecer as bases das tartaletas ou de calquera obxeto a ganchillo.
Despois de buscar bastante pola rede e atopar pouco o respecto, decidinme a facer probas e experimentos ata acadar o resultado que eu quería, así que meu departamento mental de I+D+i argallou este sistema sinxelo e barato.
O primeiro é ganchillar a base moi apretada, cun número ou dous menos do que pide a lá, con esto a base xa quedará de seu con algo de forma.
Precisamos:
 - Auga
- Un vaso
- Un cú dun vaso
- Brocha
- Cola branca
- Un plástico para non luxar

 Tamén está ben buscar algún obxeto que faga as veces de base, polo menos mentres non está duro de todo, esto axuda a darlle forma, eu escollín o cú dun vaso de plástico.
 
Deixovos esta imaxe, porque é moi importante humedecer a base, pero non empapala en auga, a idea é que esté humida para que logo a cola branca se esparelle mellor pero non empapada para que non admita a cola.

 Non sei a proporción exacta entre a cola e o auga, pero a metades mais ou menos. Que non quede moi espesa pero tampoco moi fluida.
Inda que se vexa a base pintada de branco, o secar queda transparente.
A man, o igual que a anterior, bótaselle por dentro da base e por fora.
A base vai quedar cá forma que teña o secar, así que pódese meter o cú do vaso de plástico para reforzalo.
Como sempre, as dúbidas encantada volas respondo.

1 comentario:

Lasjoyitasdepaspas dijo...

ayyyy..mi alfiletero!!! que bonito que es! no veas el uso que le doy
besitos!

Blogging tips