21/4/10

Crochet soñado, by Claudia Daneu


CROCHET SOÑADO, by Claudia Daneu
http://soldebuenosaires.wordpress.com/
Navegando pola blogosfera atopei este blog, é dos mellores que teño visitado. Non me poiden facer fan pero subscribinme as actualizacións por correo electrónico e deixeille un cometario.
Ten cantidade de puntos para facer a ganchillo que eu nin me podía imaxinar: oitos, ondas, cadros, trenzas... ábreme un mundo para sair do punto baixo e o punto alto.
Quedei pampa co xeito en que ensambla os hexágonos, abraiante. Onte fixen unha entrada porque non sabía o xeito de unir os grannys do meu bolso de frores de África, pois xa non teño excusa porque puxo un gráfico de cómo facer medios hexágonos.
Nas imaxes que ten subidas amosa uns puntos feitos con un mimo e unha perfección inusitado, tomei como mostra a imaxe que preside seu blog, que inda non puiden adiviñar con qué pontos esá feita.
As entradas son moi ilustrativas, non deixedes de ver cómo facer ojales a ganchillo, uniones... o ponto elástico, que eu non sabía que existía a crochet.
Gracias dona Claudia Daneu.

No hay comentarios:

Blogging tips